Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: O Miramar (segunda parte)

Benvidos e Benvidas a outra edición de Onda Torrella. Nesta entrega presentamos a segunda parte do especial dedicado a sala de festas Miramar que dividimos pola súa extensión. O tema vai a dar moito do que falar!

A través dunha de media ducia de cancións por programa descubriremos e afondaremos na historia da que foi a sala de festas máis famosa de Redondela e Galicia. Un lugar de encontro de moitas xeracións, situado na actual rúa de Santa Mariña (antigamente Calvo Sotelo).

Reformada integralmente en 1968, pecharía definitivamente no ano 2001, despois de acoller concertos de artistas nacionais e internacionais. Tres décadas de historia que coñeceremos mellor grazas aos convidados Jose Ferreira e Rosa “Miramar”. Non volo perdades!

Non nos podemos esquecer do grupo de Facebook EU FUN Ó MIRAMAR DE REDONDELA

Fotografías de arquivo do Concello de Redondela facilitadas pola responsable do departamento, Ana Gesteira a quen lle damos as grazas pola súa colaboración:

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp