Hoxe é Martes 14 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Luís Cuntín (parte 1)

Onda Torrella ofrece hoxe un episodio especial no que Fon Conde e Alicia Tizón conversan con Luís Cuntín, creador e voz de Tempo de Jazz. Ofrecemos de novo un crossover entre dúas das seccións de Radio Redondela, despois da colaboración con Jaime Sánchez de AntroPop.

Nesta primeira entrega, Luís Cuntín comparte tres das seis cancións que compoñen a súa selección musical, unha escolla que serve de fío condutor para coñecer mellor a súa traxectoria. Na segunda parte completará a súa media ducia de temas.

O jazz está presente na playlist, pero pedimos ao experto que tentara afastarse para coñecer outras facetas da súa vida e acaba sorprendendo coa selección.

E si, naceu en Santiago en 1960, pero leva media vida moi vinculado a Redondela. Foi director técnico do Obradoiro de Socioloxía durante quince anos, profesor na universidade e en 2022 publicou o seu primeiro poemario, O caderno de Daia (Chan da Pólvora), un libro que comezou a escribir cando era un rapaz.

Ademais, colaborou con Arturo L. Regueiro en varios espectáculos que mesturan poesía e jazz, e sempre estivo moi metido na vida cultural da vila: SOAR, Tanxarina e un longo etcétera. Desde o 2001 dirixe e presenta Tempo de Jazz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Sergio Táboas: Enxeñaría da Enerxía

O enxeñeiro redondelán Sergio Taboas desenvolve na actualidade a súa carreira profesional no sector das enerxías renovables, onde traballa como enxeñeiro de proxectos no deseño e desenvolvemento de parques fotovoltaicos.

Escoitar audio »