Hoxe é Xoves 5 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Jotta Pequeno

Jotta Pequeno adianta en Radio Redondela o que será o seu próximo traballo: “DYNAMO”, que sairá á luz o 17 de abril de 2026.

Neste capítulo do podcast Onda Torrella, achegámonos ao artista redondelán: Escoitamos palabras bonitas da súa familia, coñecemos mellor a súa evolución persoal e musical ata chegar a este novo proxecto e presentamos en primicia pequenas “pildoriñas” dos temas novos.

Os avances que soaron son “Cuantas veces”, Dynamo” e “Soy yo” (este último xa está dispoñible en todas as plataformas co seu videoclip oficial dirixido por IZAN, o seu director audiovisual de confianza que foi crecendo con el e definiu a súa estética).

Para completar, tamén escoitamos tres temas que marcaron a súa carreira e mostran a súa esencia: “Wesh Alors”, “S’il vous plait” e “Buscando el Progreso”.

Un episodio cheo de corazón, honestidade e moitas ganas de seguir avanzando. Non o perdades, xa está dispoñible para escoitar!

Acompáñanos tamén o noso novo colaborador de música rap Pablo Tizón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp