Hoxe é Martes 15 de Xullo de 2025

Onda Torrella: J. A. Xesteira (I)

Benvidos e benvidas a Onda Torrella, o espazo de Radio Redondela onde as historias e a música danse a man. Hoxe temos con nós un convidado de luxo, un home que leva toda a vida contando o mundo a través das palabras, xa sexa no xornalismo, na crítica ou na literatura.

Nado en Redondela en 1946, José Ángel Gesteira Pazos, máis coñecido como J. A. Xesteira, foi redactor xefe de Cultura en Faro de Vigo, crítico de cine e colaborador en cabeceiras como A Nosa Terra ou Diario de Pontevedra, onde compartiu a súa visión sobre a sociedade durante máis de dúas décadas. Tamén nos regalou historias inesquecibles en libros como Blues da ría e Contos de familia.

Pero hoxe non vén falar de xornalismo nin de literatura… hoxe vén falar da vida a través da música! Trae con el seis cancións que, dalgunha forma, marcaron o seu camiño, se queres saber por que dálle ao play. Así que, sen máis demora…  Xesteira en Onda Torrella! 🎶👏

E atención, porque esta é só a primeira parte! Dentro dunha semana volveremos con máis música e máis historias de Xesteira na segunda entrega. Non vola perdades!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Gurú Baba

O 10 de xullo de 1925, Meher Baba fixo voto de silencio. Calou por vontade propia e ata a súa morte en 1969 non volveu pronunciar palabras, comunicándose exclusivamente por

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: