Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Irmás Míguez Figueroa

Benvidos e benvidas a un novo episodio de Onda Torrella, o podcast musical de Radio Redondela que vibra co ritmo da nosa terra e alén! Hoxe temos unha sesión moi especial, porque contamos coa enerxía e o carisma das irmás Antía e Olalla Míguez Figueroa, un dúo cheo de talento, humor e historias para contar.

Pedagogas, teatreiras e cantantes… Antía e Olalla compartirán anécdotas que vos farán rir e emocionaros: desde Antía escondéndose na finca ou cantando Escándalo na piscina dos avós en Cedeira, ata Olalla intentando parar un muíño cun dedo. Poñede os auriculares, subide o volume acompañádenos en Onda Torrella con Antía e Olalla Míguez Figueroa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp