Hoxe é Venres 27 de Xuño de 2025

Onda Torrella: Especial Millo Verde 2025

Nova entrega de Onda Torrella: Especial Millo Verde 2025!

Nesta nova entrega do podcast musical da Radio Municipal, Onda Torrella, mergullámonos de cheo no corazón do Festival Millo Verde! Conversamos con Juan e Lucía, membros da Asociación Millo Verde e parte da organización, para descubrir todos os segredos desta viaxe sonora que, por segundo ano consecutivo, dedicamos a este evento único. Do 5 ao 7 de xuño, a praia de Cesantes converterase nun escenario vibrante onde rock, ska, reggae, punk e música electrónica se fusionan, con 17 bandas e artistas chegados de lugares como Estados Unidos, Hungría, Francia, Portugal ou Países Baixos, xunto a talentos galegos e nacionais.

Neste especial falamos de todo o cartel e escoitamos 6 bandas escollidas polos organizadores, entre os que se atopan: La Perra Blanco, Morgane Ji, Hugo GZ, Helen Helen, Tangomango e Feral Booty.

Pero o Millo Verde é moito máis ca música! As sesións vermú con artistas como Contactos Claudia Prada ou o Mago Noel animarán as mañás, mentres que os obradoiros de reciclaxe creativa de Artelixo, o Eskalabirras e Trópico de Grelos convidarán a soltar a creatividade. Ademais, o mercado artesanal e a zona gastronómica ofrecerán sabores e produtos únicos con opción vegana.

Entradas e info práctica: O xoves e as sesións vermú son de balde, pero para venres e sábado hai entradas diarias a 17 € ou abono para ambos días a 28 €. Póndense adquirir en www.milloverde.org, porque os abonos reducidos xa voaron! E para facer todo máis doado, haberá buses lanzadeira gratuítos cada 30 minutos (de 17:00h a 05:00h) con paradas na Feira do Gando, San Pedro e a Praia de Cesantes.

Sintoniza Onda Torrella e prepárate para vivir o Millo Verde 2025 desde dentro!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Maracanazo

Falamos do 75 aniversario do famoso ‘Maracanazo’ un dos peores días da historia do fútbol brasileiro ao perder a súa selección, contra todo prognóstico, no último partido da copa Mundial

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: