Nunha nova entrega do podcast Onda Torrella contamos coa banda Jay and The Smoking Machines ao completo para escoitar o seu primeiro álbum, Evil Eye. A gran sorpresa é que decidiron lanzalo tamén en formato vinilo, dispoñible para quen queira facerse cunha copia.
Este episodio é máis longo do habitual, xa que reproducimos a Cara A e a Cara B do disco enteiro, ofrecendo unha escoita continua e sen interrupcións. Durante a reprodución, a banda comenta o proceso de gravación, comparte anécdotas e datos de interese sobre cada tema, achegándonos máis á esencia do proxecto.
A banda está composta por Jay, orixinario de Holanda, xunto con Lui e Alberto, músicos con anos de experiencia no panorama musical. Con este proxecto dan un paso adiante e apóstanlle á forza do vinilo, mesturando influencias do blues de Nova Orleans, o swing e o rock máis auténtico.


