Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella despide o ano cun Especial de Nadal

Fotos de Quino/ Cal 3

O programa Onda Torrella, emitido en Radio Redondela o 5 de xaneiro, pecha o 2025 cun especial festivo conducido por Fon Conde e Alicia Tizón. Nese episodio,  ambos fan un repaso polos convidados e convidadas que pasaron polo programa ao longo do ano e selecciona unha ducia de temas musicais que funcionan como panxoliñas modernas, mesturando tradición galega con versións inesperadas e cancións contemporáneas de Nadal.

Playlist do Especial Ano Novo / Onda Torrella:

  • Os Cempés – Canto de Reis e Panxoliña de Neda (clásico canto de Reis galego)
  • Rondalla Santa Eulalia de Mos – Versión de Thunderstruck (AC/DC) con gaitas e percusión tradicional
  • Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra – Oliveira Ardendo (adaptación solidaria con Palestina baseada en Berrogüetto)
  • Bleachers – Merry Christmas, Please Don’t Call
  • The Pogues (feat. Kirsty MacColl) – Fairytale of New York
  • The Smashing Pumpkins – Christmastime (do álbum A Very Special Christmas 3)
  • Juventude – Los Reyes Magos

Un programa cheo de música variada, conversas e espirito festivo para comenzar o 2026 con boa onda!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Jaime Figueroa

Neste novo episodio do podcast Onda Torrella achégase aos micrófonos de Radio Redondela Jaime Figueroa para falar da vida a través da música. Fundador da Asociación Lenda e cunha traxectoria

Escoitar audio »

Cousas de hoxe: Os Illuminati

O 1 de maio de 1776, Adam Weishaupt, profesor de dereito na Universidade de Ingolstadt (Baviera, Alemaña), fundou a sociedade secreta dos Illuminati. O grupo buscaba promover as ideas da

Escoitar audio »