Hoxe é Mércores 15 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Cobian Glober “La Villa”

O rapeiro redondelán Cobián visita Onda Torrella para presentar La Villa, o seu primeiro álbum, nun episodio especial no que Fon Conde e Alicia Tizón realizan unha escoita íntegra do disco xunto ao artista. Ao longo do programa comentan canción por canción, descubrindo as historias, referencias e curiosidades que se agochan detrás dun traballo que toma como punto de partida Redondela para falar da identidade dos barrios, o orgullo de clase e a realidade das zonas periféricas.

Durante a conversa, Cobián afonda no proceso creativo dun proxecto que levou anos de traballo e que contou coa colaboración de produtores como Rubd1, MPadrums, C.Parrita, N. Skillzz, Uncle Doc, Jaw Glober e Paniko en las Calles. O artista explica tamén como a pandemia e as dificultades económicas marcaron o desenvolvemento do álbum, sen impedir que acadase un son profesional e unha proposta fiel á esencia do rap clásico, pero cunha visión persoal e actual.

Ademais da música, o episodio aborda o significado do videoclip de INTRO, as homenaxes a Redondela  e ás persoas que o acompañaron no camiño, así como os próximos pasos da súa carreira. Unha conversa na que Cobián comparte detalles inéditos sobre La Villa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Sergio Táboas: Enxeñaría da Enerxía

O enxeñeiro redondelán Sergio Taboas desenvolve na actualidade a súa carreira profesional no sector das enerxías renovables, onde traballa como enxeñeiro de proxectos no deseño e desenvolvemento de parques fotovoltaicos.

Escoitar audio »