Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Antón Ke

O novo programa de Onda Torrella trae a un dos artistas máis singulares e comprometidos da escena galega actual: Antón Ke. Desde Vigo, este cantautor armado cun ukelele e un looper leva anos tecendo cancións en galego que mesturan blues, reggae, ska, rumba, hip hop e tradición con letras reivindicativas e cheas de retranca.

Defínese a si mesmo como “ukelele de batea con ritmos furancheiros” e así é: un músico de barrio que comezou en 2016 gravando no móbil o seu primeiro tema “Nai Natureza” e que hoxe acumula dous discos —“Ukeson” e o xenial “Aínda queda moito” (2020)—, xiras como a recente “Ukelele de batea” con máis de 25 concertos, colaboracións en teatro, contacontos musicados con “Polo correo do vento”, e ata ser a banda oficial do late night “Hai caldo” na TVG.

Nos últimos tempos está a presentar novos sinxelos de actualidade rabiosa como “Paz e liberdade para Palestina” ou “Millo verde”, e non deixa de tocar en festivais (Milloverde, Rockin Vila, Ventorock…) nin nas salas e bares de sempre.

Antón Ke ven contalo todo en primeira persoa: anécdotas do Toupón, comezos co ukelele, videoclips, proxectos que veñen e, sobre todo, moita música e compromiso.

ATENTAS QUE O SÁBADO TOCA NO MAGOSTO DE SINHA PACA

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp