Con moita alegría, como di a canción, contamos con “unha muller sol”. Ana Area, profesora de filosofía e veciña de Redondela, trae media ducia de cancións entre as que atopamos música francesa, inglesa e galega que dan pé a falar da súa experiencia persoal e laboral, pero tamén da súa participación como artistas en espectáculos como “Circo de Pulgas”.

Cousas de hoxe: Os “Ninjas”
No calendario atopamos conmemoracións do máis curiosas. No espazo “Cousas de hoxe” botamos man das máis sorprendentes como a que se celebra o 5 de decembro “O día do Ninja”

