Hoxe é Luns 4 de Agosto de 2025

Onda torrella: Alfonso Míguez Barcia

Nunha nova entrega do podcast musical Onda Torrella da radio municipal, contamos cun convidado moi redondelán: Alfonso Míguez Barcia,  ben coñecido no municipio pola súa vinculación co mítico bar Lisboa, na Praza de Figueroa, que rexentaba a súa familia. Apaixonado da música, Alfonso é membro da Rondalla de Redondela e un auténtico amante dos escenarios. Para este episodio, seleccionou seis temas  que marcaron a súa vida, desde a súa adolescencia ata hoxe. Entre eles, destaca La vida todavía de Eros Ramazzotti, artista que segue dende novo e ao que viu en directo seis veces en cidades como A Coruña, Madrid ou Suíza. Tamén inclúe El Estanque de Héroes del Silencio, grupo clave da súa xuventude, e a versión rockeira de Hijo de la luna de Stravaganzza, que a súa filla toca na batería, evocando o cariño especial que lle ten a Mecano.

A selección complétase con Todo cambia de Mercedes Sosa, unha peza emotiva que interpreta coa rondalla; a versión de Yolanda por Danza Invisible, recordo dos seus anos mozos en Castrelos; e dous temas actuais, Exoplaneta de Arde Bogotá e Te deseo lo que te mereces de Viva Suecia, reflexo do seu gusto polo indie contemporáneo, con concertos que suman cinco experiencias en directo destes grupos. Con esta escolla, Alfonso ofrece unha viaxe musical chea de nostalxia e vitalidade no novo episodio de Onda Torrella. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de Hoxe: Día dos OVNIs

Falamos con Manuel Álvarez Moreira sobre o Día dos OVNIs, unha data que conmemora os avistamentos máis significativos de obxectos voadores non identificados, como o famoso incidente de Roswell en

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: