Hoxe é Luns 7 de Xullo de 2025

O Blues&Rías dobra a aposta na súa segunda edición con seis días de música

Entrevista completa cos organizadores Iban González, Frans Banfield e Tincho Amenabar.

O festival Blues&Rías regresa este verán ao escenario de Brisa Chiringo con maior intensidade. A súa segunda edición, que comeza hoxe, xoves 26 de xuño, amplíase a seis días de concertos, o dobre que na edición anterior, impulsada pola gran acollida de 2024 e o entusiasmo de músicos e público. “A resposta foi tan positiva o pasado ano que decidimos estender o festival”, explican desde a organización. O feedback dos artistas foi clave, e destacan que “as bandas do cartel están de xira con novos discos ou a punto de lanzalos, o que garante propostas frescas e actuais”. Así, o festival promete sesións vibrantes cargadas de novidades.

O ciclo, que combina dende o blues clásico ata o funk latino, ofrece un cartel variado e entradas dispoñibles por 10 euros en www.bluesandrias.com. “Agradecemos ao Brisa Chiringo o seu interese e a acollida, é un escenario privilexiado e único na mesma Praia de Cesantes. Ademais, coas entradas ofrécese unha consumición gratis”, engade Frans, outro dos organizadores.

Hoxe será o sexteto Red Duck Blues Jam! quen dea o pistoletazo de saída ao festival cunha noite cargada de improvisacións e clásicos do blues, soul e funk. A formación, composta por guitarras, teclado, trompeta, baixo e batería, promete ofrecer unha experiencia vibrante e chea de enerxía ao público asistente. Os irmáns Frans e Tincho Amenabar, organizadores do festival, tamén subirán ao escenario co grupo e destacan que “a aposta deste ano é ambiciosa: duplicamos os días do festival e estamos moi ilusionados. Só agardamos que o tempo nos acompañe para poder gozar ao máximo desta experiencia única”, engaden con entusiasmo.

O festival continuará o 10 de xullo co regreso do mestre da guitarra Claudio Gabis Blues Band, que chegará dende Madrid acompañado da súa banda viguesa. Gabis repasará os éxitos da súa carreira con Manal e da súa etapa en solitario, incluíndo temas da banda sonora de El Eternauta, a aclamada serie de Netflix. “Este ano, a súa carreira rexurdiu coa banda sonora da serie, convertendo esta actuación nunha das máis especiais”, destaca Frans, quen, xunto con Tincho, tamén subirá ao escenario para acompañar ao lendario fundador do rock arxentino, Claudio Gabis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: