Nova entrega do “Reto Radio Lector” con Dora Garaboa veciña de Trasmañó que se achega a Radio Municipal para deixarnos dous libros protagonizados e escritos por mulleres.
“Victoria” de Paloma Sánchez-Garnica foi a novela gañadora do Premio Planeta 2024 que amosa un retrato dun Berlín arrasado nada máis terminar a II Guerra Mundial e de como Victoria sobrevive.
A segunda das súas recomendacións é “Las que no duermen NASH” da escritora Dolores Redondo que regresa cunha novela que nos transporta aos Valles Tranquilos de Navarra, onde a psicóloga forense Nash Elizondo investiga o achádego dun cadáver nun lugar cargado de lendas de bruxería.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

