Hoxe é Sábado 31 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Literatura nas ondas: Libros para agasallar

Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela aproveita estas datas para animar a agasallar libros.

Para os rezagados, déixanos algunhas ideas e recomendacións de títulos que pola súa coidada edición e as súas temáticas convídannos a gozar do seu contido e da súa estética.

Nadalario. Diferentes xeitos de festexar o Nadal polo mundo” e “O lobo” ambos dos dous de Rena Ortega e “La juguetería”, neste caso unha colaboración de Ledicia Costas e Rena Ortega.

Unha biblioteca que celebra este martes na súa sede en Chapela unha nova sesión de contacontos a cargo das usuarias Lía e Beatriz. Será cos seus “Contos da Veciñanza, especial Nadal”. A cita é o martes 23 de decembro ás 18:30 horas. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar. A entrada é de balde, con inscrición previa na propia biblioteca, no teléfono 986.45.42.26 ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp