Hoxe é Martes 22 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Literatura. Cocotibur, unha peculiar recreación da lenda da Coca

No espazo de literatura desta semana falamos con Rafael Fernández, autor de Cocotibur, e Esteban Souto, o ilustrador da obra. O libro, dirixido a público xuvenil pero recomendable para todas as idades, recrea a lenda da Coca e outras tradicións da vila de Redondela. Ambientado na bisbarra, a ría de Vigo e a Illa de San Simón son tamén protagonistas deste conto que comeza coa misteriosa desaparición de tres raparigas de Cedeira e Reboreda. Os mitos e tradicións, como o baile das Espadas e as Penlas están tamén recollidos na historia. Un conto moi redondelán que afonda na tradición universal desa loita do ben contra o mal.

Escoita aquí a entrevista completa con Rafael Fernández e Estaban Souto
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Farmacia de garda: Os suplementos

Melatonina ou magnesio para combater o insomnio, ácidos graxos omega-3 e complexos vitamínicos para o benestar xeral, coláxeno ou vitamina D para coidar os ósos… O consumo de complementos alimenticios

Escoitar audio »