Hoxe é Venres 30 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jotta Pequeno dálle unha nova volta ao seu son con “Tigre de Bengala”

O artista redondelán Jotta Pequeno continúa abríndose camiño na escena urbana co lanzamento de Tigre de Bengala, o seu novo sinxelo. O tema chega acompañado dun videoclip que afonda nunha estética máis escura e nocturna, nunha nova etapa creativa na que o músico busca explorar outros sons sen perder a súa esencia.

“Tigre de Bengala” nace de experiencias persoais e de situacións vividas polo artista e pola xente próxima a el. A canción combina un rap cru cun estribillo melódico no que Jotta Pequeno se presenta como un guerreiro que loita xunto aos seus.

O lanzamento chega despois de Dynamo, o álbum que publicou en abril e do que destaca o proceso de grabación e de aprendizaxe que supuxo. “Dynamo ensinoume moito para seguir traballando e atopar o meu queipo e o meu son. Foi un pracer facelo e ensinoume moito para o futuro”, explica. O traballo puido presentalo con concertos esta ano tanto na Master Club como na Sala Doppler en Vigo e espera poder seguir facendo directos, aínda que agora está centrado en crear nova música.

Agora, o redondelán busca abrir unha nova etapa musical, tanto nas letras como nos sons. Se en Dynamo tiña máis presenza o amor, os próximos lanzamentos explorarán outras temáticas e estilos, desde o trap melódico ata o drill. “Estou facendo cousas moi distintas, pero que non perdan a miña esencia. Iso é fundamental”, sinala.

Na parte audiovisual, Jotta Pequeno mantén a colaboración co director Izan.O videoclip de Tigre de Bengala percorre espazos da contorna urbana viguesa e xa está dispoñible nas plataformas dixitais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp