Esta semana achegámonos a GalSenTur (Galicia Sensacións Turísticas) para falar con Rosana Prieto de interesantes propostas do sector para este mes de setembro. A crise da Covid-19 obriga a buscar destinos pouco masificados, e facer visitas en grupos reducidos. As vendimas que estes días se realizan en diferentes D.O. de Galicia son unha boa opción, para coñecer todo o proceso de elaboración do viño, desde a vendima ata o traballo nas adegas.

As Tareixas pechan en Ponte Caldelas a xira de Santo Mandil tras dous anos de música e concertos
As Tareixas, o trío de música infantil de Redondela formado por José Manuel, Omara e Román, pecharán este mércores 26 de agosto a xira de presentación de Santo Mandil cun

