Esta semana achegámonos a GalSenTur (Galicia Sensacións Turísticas) para falar con Rosana Prieto de interesantes propostas do sector para este mes de setembro. A crise da Covid-19 obriga a buscar destinos pouco masificados, e facer visitas en grupos reducidos. As vendimas que estes días se realizan en diferentes D.O. de Galicia son unha boa opción, para coñecer todo o proceso de elaboración do viño, desde a vendima ata o traballo nas adegas.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

