Galicia rexistrou nos meses de xullo e agosto case 5 millóns de viaxeiros que pernoitaron en establecementos hoteleiros. É unha cifra histórica que supera nun 6 % a de 2022. A cidade de Santiago é a que recibe o maior impacto, tanto pola presenza de peregrinos como de outros turistas. A capital galega xa acordou coa Xunta aplicar o próximo ano unha taxa turística “para afrontar parte dos sobrecustos de recibir tantos visitantes, como os reforzso de limpeza e seguridade cidadá, a conservación e rehabilitación do patrimonio ou as campañas de sensibilización por un turismo responsable”. A taxa podería oscilar entre os 0,50 e os 2,50 euros ao día en función do establecemento de hospedaxe, polo que Rosana Prieto, Guía Oficial de Turismo, entende que “non hai que terlle medo porque non supón unha cantidade significativa para os visitantes”. Augura que esta taxa acabará estendéndose tamén a outras cidades e vilas galegas.

O Rockondela recupera o concurso de maquetas con catro bandas finalistas
O festival Rockondela continúa tomando forma. A final do concurso de maquetas celebrarase o vindeiro 4 de setembro no espazo La Fábrica, con entrada gratuíta e a participación de Espabila

