Hoxe no espazo Galicia Sensacións Turísticas falamos con Rosana Prieto dunha experiencia piloto que pon en marcha o consorcio da Ribeira Sacra, que recupera para o turismo a tradición das barcas de paso. Até o século pasado utilizáronse para transportar pasaxeiros, gando e mercadorías nas canles do Sil e o Miño. Estas experiencias levaransea cabo nos municipios de Monforte, Ribas de Sil, Sober, Parada de Sil, Chantada e O Saviñao.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

