Rosana Prieto achéganos a este antigo burgo medieval cheo de encanto. Vilanova dos Infantes, no municipio de Celanova, é un exemplo de conservación do patrimonio. Destaca a súa Torre medieval, a igrexa románica de San Salvador, as súas prazas e hórreos ou o Santuario da Virxe de Cristal.

A voz emerxente: Yuxara Covelo
Yuxara covelo é unha artista multidisciplinar de Vigo. O seu proxecto máis recente céntrase no téxtil e as súas posibilidades creativas. Presenta unha técnica de fabricación de alfombras chamada “Tufting”.