Na mariña central atopamos Mondoñedo, berce de importantes escritores como Álvaro Cunqueiro. Máis aló da súa fermosa e famosa catedral, Rosana Prieto recoméndanos visitar o seu peculiar barrio dos Muiños, o cemiterio vello, as antigas murallas da cidade medieval, a Cova do Rei Cintolo ou o xardín botánico do Espazo Caritel .

Carreira de fondo: Yasmina Martínez Barciela
Neste episodio de Carreira de Fondo falamos con Yasmina Martínez Barciela, bióloga de Redondela, que nos conta o seu camiño desde adolescente ata investigadora especializada en mosquitos. Unha historia de

