Seguimos percorrendo a localidade ourensá de Celanova para descubrir a súa paisaxe feita en pedra. Rosana Prieto fálanos do fermoso claustro do mosteiro de San Salvador, o casco histórico e a praza Maior ou a Casa dos Poetas, entre outros lugares de interese.

A voz emerxente: Yuxara Covelo
Yuxara covelo é unha artista multidisciplinar de Vigo. O seu proxecto máis recente céntrase no téxtil e as súas posibilidades creativas. Presenta unha técnica de fabricación de alfombras chamada “Tufting”.