O xacemento arqueolóxico de Castromao, en Celanova, é un recinto fortificado propio da Idade de Ferro. Este castro ocupado xa nunha época prerromana, sufriría pronto unha forte romanización que se foi estendendo por toda a zona baixa que rodea ao monte. Nel atopouse gran cantidade de obxectos cerámicos, tégulas, fíbulas de bronce, fornos, moedas e outros elementos arquitectónicos como un interesante trisquel calado de pedra. Deste interesante lugar fálanos Rosana Prieto.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

