Son moitos os atractivos de Allariz, vila ourensá cun gran patrimonio histórico, etnográfico, natural e arqueolóxico. E tamén triunfa nestas datas cun Nadal “sustentable” e ecolóxico. Ao longo do centro urbano créase unha ruta con diferentes escenografías que representan escenas típicas do Nadal. Todos os decorados son artesáns, a base de elementos de madeira e materiais reciclados. Falamos con Rosana Prieto da oferta turística desta vila para público de todas as idades.

Treintañeras Cañeras regresa a Redondela presentando “Ibericana”
O Brisa Chiringo de Cesantes acolle este xoves 6 de agosto, ás 21.30 horas, o regreso de Treintañeras Cañeras a Redondela. A banda viguesa chega coa xira de Ibericana, o

