Son moitos os atractivos de Allariz, vila ourensá cun gran patrimonio histórico, etnográfico, natural e arqueolóxico. E tamén triunfa nestas datas cun Nadal “sustentable” e ecolóxico. Ao longo do centro urbano créase unha ruta con diferentes escenografías que representan escenas típicas do Nadal. Todos os decorados son artesáns, a base de elementos de madeira e materiais reciclados. Falamos con Rosana Prieto da oferta turística desta vila para público de todas as idades.

Cousas de hoxe: Os “Ninjas”
No calendario atopamos conmemoracións do máis curiosas. No espazo “Cousas de hoxe” botamos man das máis sorprendentes como a que se celebra o 5 de decembro “O día do Ninja”

