Esta semana continuamos o percorrido polo norte de Lugo. Achegámonos á Mariña Occidental, territorio que se estende desde o límite coa provincia da Coruña até Burela e abarca os municipios de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Rosana Prieto fálanos hoxe do Vicedo e Ourol. Visitaremos o famoso Fuciño do Porco, a Ponte de Ferro sobre a ría do Barqueiro, a pegada indiana en Ourol e a Fervenza da Xestosa, entre outros lugares de interese.

Cousas de hoxe. Marilyn Monroe
Cando se cumpren cen anos do nacemento de Norma Jeane (1 de xuño de 1926), quen anos despois se convertería en Marilyn Monroe lembramos unha actriz inmortal. Unha muller inesquecible

