Hoxe é Venres 18 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Farmacia de garda: Os suplementos

Melatonina ou magnesio para combater o insomnio, ácidos graxos omega-3 e complexos vitamínicos para o benestar xeral, coláxeno ou vitamina D para coidar os ósos… O consumo de complementos alimenticios está cada vez máis estendido.

No espazo Farmacia de garda falamos con Clara Hernández quen nos lembra que estes productos, malia que en moitos casos se venden sen receitas non sempre son inocuos. Poden interaccionar con determinados medicamentos e, ademais, en moitos casos, non son necesarios. Moitas das vitaminas e minerais que buscamos nestes complementos xa podemos obtelos a través dunha alimentación variada e equilibrada.

Por iso, antes de incorporar estes produtos á nosa rutina, os profesionais recomendan informarse e pedir asesoramento. Dende a Farmacia de Reboreda, explícanos cales son os complementos máis demandados e que debemos ter en conta antes de consumilos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp