Sofía Ben chega dende a farmacia de Andrea Domínguez para falarnos de infección do tracto urinario, un tema recorrente entre as consultas que a veciñanza lles traslada.
Enfermidades que afectan en maior medida ás mulleres por unha cuestión anatómica, analizamos hoxe as causas, síntomas e tratamento unha vez que se nos diagnostica unha inflamación da vexiga urinaria ou cistite.
Coñecemos tamén cales serían as prácticas aconsellables para evitar desenvolver unha doenza que adoita ser leve, malia que moi molesta, pero que pode ter consecuencias de maior gravidade no caso de non atallala a tempo. Sobre todo, debemos estar especialmente atentos as persoas maiores.
Escoitamos na voz de Sofía consellos sobre a nosa alimentacións, os nosos usos ou as prácticas de hixiene que nos poden axudar a esquivar as enfermidades do tracto urinario.


