Hoxe é Xoves 26 de Xuño de 2025

Entrevista a Mar Vázquez: primeira muller trans en lograr un podio nunha carreira masculina

Entrevista completa con Mar Vázquez.

A atleta pontevedresa, afincada en Redondela dende fai dúas décadas, Mar Vázquez fixo historia ao converterse na primeira muller transxénero en lograr un podio nunha carreira da categoría masculina. Vázquez subiu ao terceiro posto do podio na categoría máster 60 masculino no XLVII Cros María Auxiliadora de Tenerife, na proba raíña de 10 quilómetros, alcanzando tamén o posto 75 da xeral entre preto de 300 participantes. Todo isto marca un fito no atletismo, sendo a primeira muller transxénero do mundo en acadar un podio masculino.

Mar, de 61 anos, iniciou a súa transición de xénero en 2022, aos 57 anos, tras un proceso que inclúe seis intervencións cirúrxicas e unha significativa perda de masa muscular e forza debido á diminución de testosterona. Antes da transición, cando era coñecida como Javier, Vázquez destacou na selección nacional de maratón e cros, logrando un segundo posto no Campionato do Mundo Militar de Maratón e un terceiro lugar entre os españois no maratón de Róterdam, cunha marca de 2 horas, 22 minutos e 46 segundos nos 42,195 km.

Actualmente retirada da Garda Civil, Mar combina a súa faceta como xuíza nacional de atletismo coa súa paixón polo mergullo, sendo instrutora PADI e mergulladora profesional acreditada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas. Ademais, é patroa de embarcacións de vela e motor. A este impresionante currículo súmase o seu papel como nai dunha filla, avoa de dous netos e, xunto coa súa esposa, comparte a alegría de ter dous fillos e cinco netos.

Sempre se sentiu muller, aínda que durante décadas o reflexo de Javier no espello era unha imaxe que evitaba. Agora, co apoio do seu adestrador persoal, ten un novo obxectivo ambicioso: prepararse con esforzo e dedicación para competir, de cara ao próximo ano, nun Campionato de España na categoría masculina, defendendo a súa identidade como muller trans. Vázquez sostén que as mulleres trans que, como ela, iniciaron a transición na idade adulta non deberían competir en categorías femininas debido aos efectos da testosterona no proceso biolóxico previo.

Este novo reto reflicte o espírito resiliente de Mar, unha pioneira que combina a súa paixón polo deporte coa valentía de vivir plenamente a súa identidade.

O SEU LIBRO: TODA UNA VIDA EN EL CUERPO DE UN HOMBRE (Mar Vázquez) pódese mercar en Amazón ou Círculo Rojo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: