Radio, Redondela presenta o segundo capítulo do podcast En PAC(k). A médica residente do Centro de Saúde de Redondela, Bea Gómez, conversa con Alicia Tizón sobre saúde feminina: endometriose, disfunción sexual, menopausia, dor menstrual e síndrome de ovario poliquístico. Un episodio imprescindible para coñecer e coidar mellor o teu corpo.
Un enorme agradecemento á banda Alea (@alea_music_band) por compoñer e interpretar a cabeceira do programa, esa melodía tan fresca que xa nos vai acompañar o resto da tempada. Grazas por poñerlle son á nosa saúde!


