Raquel Pérez e María Pazos no IES do Castro de Vigo
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha data promovida polas Nacións Unidas para dar visibilidade o papel fundamental das mulleres no avance científico e tecnolóxico, e para fomentar vocacións entre as máis novas.
Neste contexto, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, en colaboración co Concello de Redondela, organiza a terceira edición dunha serie de talleres en centros de primaria locais que se celebrarán na segunda quincena de febreiro. Estes talleres, impartidos pola subdirectora de divulgación científica, Raquel Pérez Orozco, e pola responsable de igualdade da Escola Enxeñaría de Minas e Enerxía, María Pazo Rodríguez, buscan achegar referentes femininos no ámbito e promover a aplicación práctica da ciencia. Os talleres non só abordan a ciencia en xeral, senón que aproveitan a proximidade do Día Mundial da Enerxía, o 14 de febreiro, para enfocarse na enxeñería enerxética. Raquel Pérez Orozco subliña nesta entrevista a importancia de visibilizar mulleres pioneiras e locais, ademais de sinalar a divulgación como un eixo fundamental para sacar do esquecemento o papel da muller no ámbito científico.



