Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

Descubre a Johan Soarez Somesso, o “Señor de Chapela”, da man da Dra. Carmen de Santiago Gómez

Entrevista completa coa Dra. Carmen de Santiago Gómez

Este mércores, 21 de maio, ás 20:00 h, a Biblioteca Xela Arias de Redondela acollerá a conferencia A orixe da lírica medieval galega. Un trobador de Chapela?, impartida pola Dra. Carmen de Santiago Gómez, investigadora asociada da USC e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). A experta en lírica medieval galega achegará ao público a fascinante figura de Johan Soarez Somesso, trobador do século XIII coñecido por algúns como o “Señor de Chapela”. A través da súa obra, composta por 25 cantigas, e da súa posible conexión con esta parroquia redondelá, a doutora explorará a riqueza histórica e literaria dunha época clave para a identidade galega.

Ao remate da charla, abrirase un espazo de debate para que os asistentes poidan profundar na figura de Somesso e na súa posible vinculación con Chapela, unha oportunidade única para redescubrir un legado que segue vivo na nosa lingua e identidade. A entrada é libre ata completar aforo.

Plataformas do proxecto Lírica profana galego-portuguesa do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e unha imaxe do Cancioneiro da Ajuda (folio 4r):

  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: www.cirp.gal
  • MedDB. Base de datos da lírica profana galego-portuguesa: www.cirp.gal/meddb
  • PalMed. Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa: www.cirp.gal/palmed

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Yesterday

A canción escrita por Paul McCartney e popularizada mundialmente polos Beatles cumpre 60 anos. Manuel Álvarez Moreira cóntanos a historia que hai detrás dun tema mundialmente coñecido, reinterpretado por numerosos

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: