Este luns acompáñanos Uxía Vila (Redondela) na sección Carreira de Fondo. Graduada en Bioloxía pola Universidade de Vigo. Conta con dous mestrados na materia, sendo un deles o de profesorado. Conversamos sobre o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) ‘Elaboración de protocolos de técnicas de laboratorio en soporte multimedia’ e o seu Traballo de Fin de Mestrado (TFM) A figura feminina na ciencia: enfoque coeducativo na ensinanza das materias científicas’. A súa experiencia aporta consellos para enfrontarse a este tipo de textos académicos e ao xurado que os valora.

Cousas de hoxe. Marilyn Monroe
Cando se cumpren cen anos do nacemento de Norma Jeane (1 de xuño de 1926), quen anos despois se convertería en Marilyn Monroe lembramos unha actriz inmortal. Unha muller inesquecible

