Hoxe é Domingo 10 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira de fondo: Pablo Táboas – Biomedicina e cancro infantil

Benvidos e benvidas a unha nova entrega da sección Carreira de Fondo. Hoxe temos o pracer de contar con Pablo Táboas Outón, natural de Redondela. Pablo graduouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2018 e completou o seu Mestrado en Biomedicina na Universidade de Barcelona en 2019. Na actualidade, está a cursar o Doutoramento en Biomedicina na Universidade de Barcelona, baixo a dirección do Dr. Jaume Moura e da Dra. Sara Sánchez-Molina, centrando a súa investigación nas desregulacións epixenéticas asociadas ao rabdomiosarcoma. Este proxecto está financiado por unha bolsa P-FIS do Instituto de Saúde Carlos III.

Ademais, este ano Pablo realizou unha estancia no prestixioso Centro de Investigación do Cancro de Alemaña (DKFZ) en Heidelberg, unha das institucións de referencia mundial no ámbito da investigación oncolóxica.

Non vos perdades esta entrevista, na que afondamos no seu traballo e nas últimas investigacións sobre cancro infantil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Jaime Figueroa

Neste novo episodio do podcast Onda Torrella achégase aos micrófonos de Radio Redondela Jaime Figueroa para falar da vida a través da música. Fundador da Asociación Lenda e cunha traxectoria

Escoitar audio »