Nunha nova entrega da sección “Carreira de fondo” contamos con Carla Alonso para falar da súa experiencia no Grao de Enfermería da USC, do Máster en Saúde Pública e achegarnos un chisquiño á especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria que está facendo nestes momentos. Unha profesional de Redondela que achega a súa perspectiva sobre o eido sanitario, a situación actual do sector e as diferentes especialidades ou saídas laborais que pode ter enfermería.

ADEGA impulsa unha campaña para reclamar á Xunta o acordo entre Altri e Impulsa Galicia e alerta de que o proxecto non está morto
ADEGA, xunto coas plataformas Ulloa Viva, Non á Mina de Touro-O Pino e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, impulsa unha nova campaña para reclamar á Xunta que

