Hoxe é Venres 30 de Maio de 2025

Brian Cameselle, o talento de Redondela, brilla no concurso Recantos da TVG

Entrevisvta completa con Brian Cameselle.

A música galega está de noraboa coa irrupción de Brian Cameselle, un cantante de 19 anos que, desde a súa parroquia do Viso, está a conquistar os escenarios e os corazóns do público. Este venres, 2 de maio, Brian participará na quinta gala do prestixioso concurso Recantos, integrado no programa Luar da Televisión de Galicia (TVG), onde interpretará a vibrante “A Miña Gran Noite” de Raphael. Cunha traxectoria que comezou aos 16 anosnas orquestras e proxectos como Mar Davila Music ou a súa futura aventura en solitario, Brian é unha promesa que combina versatilidade, carisma e unha mensaxe de liberdade.

Como votar por Brian Cameselle en Recantos da TVG:

Podes apoiar a Brian Cameselle no concurso Recantos da TVG, que se celebra o venres 2 de maio, de tres formas distintas. É importante que votes no momento en que apareza a información na pantalla durante o programa que se emite a media noite. Aquí tes os pasos:

  • Por chamada telefónica, seguindo as instrucións que indiquen:
    • 988 600 681
    • 215 566 391
  • Por WhatsApp:
    • Envía unha mensaxe ao número 630 431 921.
    • No corpo da mensaxe, escribe exactamente: “Voto Brian”.
    • Asegúrate de envialo cando se indique durante o programa.
  • A través das redes sociais:
    • No Facebook, busca a páxina oficial “Luar”.
    • No Instagram, segue a conta.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: