“Porque a violencia non é un xogo” é o lema co que se conmemora este ano 2022 o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Redondela. Actos nos que tamén participa o IES Mendiño que chega a Radio Redondela a través da súa radio escolar RQR.
NIco e Maeloc, de 1º de Bacharelato, aproveitan a ocasión para conversar con Almudena Suárez, vicedirectora, para que nos explique en que consisten as actividades que se están a levar a cabo arredor do 25N. Por outra banda, achéganse aos estudos de RQR dous profesores do centro, Miguel Lamelas e José Antonio Martínez, que responden ás cuestións do alumnado sobre a realidade da violencia contra a muller.

Outro mundo é posible: A MESA destaca o compromiso de RTVE coa presenza do galego en Clan TV e pide celeridade na súa implementación
Marcos Maceiras, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, participou nunha entrevista en Radio Redondela onde abordou un tema de grande relevancia para a lingua galega e os dereitos das crianzas