Conversa distendida arredor da filosofía, con música incluída, á que se suman Senén Costas, profesor de Física e Química, e Óscar González, profesor de Filosofía, ambos do IES Mendiño xunto con Maeloc, alumno de 1º de Bacharelato. Na técnica do programa, guiando a gravación da conversa, Nicolás, alumno de 1º de Bacharelato.
Unha conversa na radio escolar do IES Mendiño que chega ata a Radio Municipal de Redondela con referencias que van dende Os Chichos a Rudolf Steiner.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

