Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As ondas… que grandes son: Día do Teatro

Neste 27 de marzo celébrase o Día do Teatro. Con ese argumento chega unha nova entrega da colaboración que a comunidade educativa do Mendiño fai con Radio Redondela. Alumnado do centro aproveitaron a representación en Redondela da versión dramática da obra “O porco de pé” de Vicente Risco, adaptada por Pepe Sendón e dirixida por Quico Cadaval para conversar cos actores da compañía Excéntricas Produccións: Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.

Tres veteranos do teatro galego que fan un traballo actoral impactante, encarnando a múltiples personaxes cada un, e que accederon, ao final da función, a explicar máis sobre a obra e sobre o seu traballo nela. Sobre o teatro e sobre a vida dos teatreiros. Aos micrófonos Nico e Maeloc, alumnos de 2º de Bacharelato. No guión e gravación Olga Nogueira. E na edición José Antonio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp