Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño: Teresa Estevéz, farmacéutica.

Hoxe falamos con Teresa Estévez Lamas, farmacéutica que rexenta a botica de Vilar. No seu traballo non se limitan a despachar medicamentos, senón que tamén escoitan e aconsellan aos seus clientes “que xa son como da familia”. Desde marzo do ano pasado, por mor da pandemia, este labor de asesoramento incrementouse “sobre todo coas persoas maiores, que tiñan medo e tiñamos que informalos e tentar tranquilizalos”, explica Teresa.

Nun sector no que a maioría son mulleres, Teresa nunca sentiu discriminación “nin na Facultade nin no traballo”, e amósase satisfeita de que cada vez se sumen máis homes.

Escoita aquí a entrevista completa con Teresa Estévez Lamas

Esta sección realízase en colaboración coa concellería de Igualdade, para dar voz a mulleres de Redondela, para facer visible o seu traballo e as súas inquietudes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Tatán Cunha

Nunha nova entrega da sección A voz emerxente contamos co histórico, mítico e lendario actor de Redondela Eduardo Alberto Rodríguez Cunha ou Tatán. Falamos da súa participación na película ‘San

Escoitar audio »