Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. Esther Vidal.

A protagonista deste espazo no mes de maio é Esther Vidal, propietaria dunha floraría en Chapela. Nun sector onde as mulleres son maioría, recoñece que os profesionais que máis destacan a nivel nacional e internacional son homes. Esther atribúe esta circunstancia ao feito de que para avanzar “hai que sacrificar moitas horas da vida persoal e familiar” para formarse en cursos que se imparten fóra “e os homes téñeno máis fácil”. Con todo, salienta que se ten avanzado “a pasos de xigante” en materia de igualdade e conciliación. Onde aínda existen eivas é na “liberdade para ir sen medo pola rúa”. Para Esther é un drama que unha muller “non poida saír a facer deporte soa ás 6 da mañá por medo”, algo que aos homes “non lles pasa”.

En canto á situación laboral, logo dun ano de pandemia que supuxo un duro pau para o negocio, esta autónoma sinala que situación vai remontando “pouco a pouco”.

Escoita aquí a entrevista completa a Esther Vidal

Esta sección “As mulleres contan, percorrendo camiño” é unha iniciativa da Concellería de Igualdade de Redondela en colaboración coa radio municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp