Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño: Elena Casal, árbitra

Neste mes de xullo o espazo “As mulleres contan, percorrendo camiño” no que, en colaboración coa Concellería de Igualdade búscase dar voz a mulleres de Redondela, contamos coa presenza de Elena Casal.

Árbitra con 20 anos de experiencia ás súas costas lembra que cando comezou eran tan só cinco nun colectivo de 150 e que nestas dúas décadas tenlle acontecido de todo “incluso ter que saír escoltada dalgún campo de fútbol pola Garda Civil”. Con todo, Elena prefire quedar co positivo “o apoio xeralizado dos xogadores, que son os primeiros en condenar calquera comentario do público”.

A súa condición de muller fixo que tivera que enfrontarse a quen poñía en dúbida a súa capacidade para arbitrar partidos de homes, pero insiste en que “eses son os menos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp