Hoxe é Luns 30 de Xaneiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. Diana Toucedo.

Nesta sección semanal en colaboración coa Concellería de Igualdade, hoxe conversamos coa redondelá Diana Toucedo. Cineasta e montadora, Toucedo compaxina a súa carreira coa docencia na Universidade de Barcelona e a Escola Superior de Cine e Audiovisuais. Recoñece que no seu sector as desigualdades entre homes e mullees seguen a existir, cun teito de cristal “que impide ás creadoras acceder a grandes produccións”. Malia que se ten avanzado moito, con máis mulleres traballando no audiovisual detrás das cámaras, seguen existindo diferencias e a fenda salarial “é algo terrible e que aínda existe” sinala Toucedo.

Actualmente traballa na súa segunda longametraxe “Porto Desexado” que se filma entre Galicia e Arxentina. Outro dos proxectos que ten en carteira é unha peza sobre a Enseada de San Simón, que espera poder estrear este verán. Gravou no peirao de Cesantes con mariscadoras e mariñeiros, sector co que ten moitos lazos familiares.

Diana Toucedo (Redondela, 1982) editou preto de vinte longametraxes, curtametraxes e outras pezas audiovisuais, entre as que destacan “A noite que non acaba”, de Isaki Lacuesta, “O quinto evanxeo de Gaspar Hauser”, ou a serie de ficción Hierro, dirixida por Jorge Coira. Despois de dirixir diversas curtametraxes, en 2018 estreou na Berlinale a súa primeira longametraxe “Trinta Lumes”, que foi nomeado a nove Premios Goya e foi galardoado co premio da crítica no D’A Filme Festival Barcelona, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp