Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. Coidar a quen nos coida.

Hoxe falamos con dúas mulleres que traballan no Servizo de Axuda ao Fogar (SAF). Falamos con Rebeca Porto, coordinadora do servizo en Redondela, e Lucía Piñeiro, coidadora. Cóntannos a súa experiencia logo dun ano “especialmente duro” pola pandemia. Viviron meses de incerteza, sen protocolos claros por parte da Xunta de Galicia “e sen medios”. O seu labor é acudir aos fogares onde atenden a “persoas vulnerables”, e están consideradas un servizo “esencial” malia non ser sanitarias. Por iso a maioría das coidadoras “aínda non recibiron a vacina” explica Porto. Os coidados son un traballo tradicionalmente feminino “tanto nas familias como nos servizos profesionais” e está “pouco valorado” lamentan. Piden “recoñecemento e apoio” para o seu labor que non é só “limpar e asear aos maiores” senón tamén darlles unha atención personalizada “que os axuda a nivel psicolóxico e emocional”. Para Lucía Piñeiro o mellor é ver como as persoas maiores “agradecen o teu traballo e a compañía que lles fas”.

Escoita aquí a entrevista completa con Rebeca Porto e Lucía Piñeiro

O espazo “As mulleres contan, percorrendo camiño” emitirase en Radio Redondela o primeiro luns de cada mes, en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp