En colaboración coa concellería de Igualdade o espazo “As mulleres contan, percorrendo camiño”, pretende dar voz a mulleres de Redondela para visibilizar o seu traballo e as súas inquedanzas. Hoxe, 8 de marzo, falamos con dúas profesionais da Sanidade. A médico Carmen Pache e a técnica de laboratorio Conchi Sarmiento fálannos da súa experiencia laboral e persoal nun ano marcado pola pandemia da Covid-19.

Farmacia de garda: Os suplementos
Melatonina ou magnesio para combater o insomnio, ácidos graxos omega-3 e complexos vitamínicos para o benestar xeral, coláxeno ou vitamina D para coidar os ósos… O consumo de complementos alimenticios

