Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. Carla Abad e Alba Fernández.

Hoxe falamos con mulleres do mundo do deporte. Carla Abad (Redondela, 1987) comezou de nena na canteira da SAR, e xa en categoría absoluta militou na elite do balonmán en equipos como o Guardés. Logo de graduarse en Ciencias da Actividade Física, agora traballa como adestradora en varios equipos galegos e tamén forma parte do corpo técnico da Federación Galega de Balonmán. Recoñece que a situación da muller no deporte mudou moito “pero aínda queda camiño por percorrer”. Advirte que tanto nos clubs como na federación a maioría dos directivos son homes. Recoñece que, malia que moitos están “moi implicados” por dar visibilidade ao deporte feminino, é necesaria a presenza de máis mulleres nos postos de dirección “para rematar coas desigualdades”.

Preme para escoitar a entrevisa completa con Carla Abad, ex xogadora e adestradora de balonmán

Nunha disciplina minoritaria e con pouca presenza feminina como o motocrós destaca a figura de Alba Fernández. Esta moza redondelá de 15 anos é a actual campioa do circuíto nacional portugués. Decidiu competir no país veciño “porque hai moitas máis carreiras que en España, e tamén resulta mellor tanto a nivel de gastos como por proximidade xeográfica”. Comezou nas motos da man de seu pai, con tan só 6 anos, e leva desde os 9 competindo. Neste tempo puido comprobar que cada vez son máis as rapazas que practican motocrós “pero aínda somos minoría”. A desigualdade entre homes e mulleres vívese neste deporte tanto a nivel de patrocinios “porque as grandes marcas só apoian pilotos masculinos” como no comportamento de público e participantes. Chegaron a dicirlle que debería deixar a moto “e xogar con bonecas” pero estes comentarios machistas non fan máis que darlle forzas para competir “con máis gañas de demostrar que por ser muller non vou facer menos que un home”.

Preme para escoitar a entrevista completa con Alba Fernández, piloto de motocrós
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp