Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. Loli Montes

Dedicamos o mes de xuño ao ensino. Falamos con Loli Montes, mestra e directora do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes. Fálanos das dificultades ás que se enfrontaron o curso pasado, no que de xeito repentino tiveron que suspender as aulas presenciais por mor da pandemia. Tamén nos conta como se organizou este curso, marcado polos protocolos Covid, e agradece a implicación do profesorado e as familias para levalo a diante con éxito. No plano persoal lembra que aínda queda camiño por avanzar para chegar a unha “igualdade real” entre homes e mulleres. O papel da muller como “coidadora” segue aínda moi asentado na sociedade, “tanto no caso dos menores como do maiores e dependentes”. Esta sección conta coa colaboración da Concellaría de Igualdade.

Escoita aquí a entrevista completa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Tatán Cunha

Nunha nova entrega da sección A voz emerxente contamos co histórico, mítico e lendario actor de Redondela Eduardo Alberto Rodríguez Cunha ou Tatán. Falamos da súa participación na película ‘San

Escoitar audio »