Hoxe é Xoves 5 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acouga aterra en Vigo cun concerto na Sala MasterClub

Entrevista completa con Gabri Fuentes de Acouga.

A banda de Pazos de Borbén Acouga regresa aos escenarios este venres 6 de marzo na Sala Master de Vigo ás 22:45. Acompañaranos dous grupos que tamén hai que escoitar a todo trapo: Turbo Kraks (Ferrol) e Europeos Pálidos (Vigo). Se che gusta o post-hardcore con letras en galego, o metal que pega moi forte pero tamén ten alma e esa mestura de rabia e emoción, este é un bo plan para o venres.

Despois dunha pequena xira por salas de Galicia e Portugal presentando e pechando o seu primeiro traballo Ámbar, a banda dá por rematada esa etapa e xa está en plena composición de material novo. Aínda son maquetas, pero prometen manter esa liña nostálxica e romántica que os define.  Neste seguinte proxecto adiantan que engadirán partes máis melódicas cara unha madurez natural despois de moita aprendizaxe.

Aínda así, as cancións de Ámbar seguen ben vivas e en Vigo van soar con toda a forza. “O que vai atopar a xente que veña será un concerto cheo de enerxía, no que buscamos conectar de verdade co público. E ademais, vai haber moita música boa coas outras dúas bandas”, contan desde ACouga.

Apertura de portas ás 22:45 h, pero o groso da noite arrinca arredor das 23:00 h. Para máis información, seguidelos nas súas redes sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp